Freixeiro, Vigo
Freixeiro | |
---|---|
Igrexa de San Tomé de Freixeiro. | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°13′11″N 8°43′37″O / 42.219779953296, -8.7269999531599 |
Poboación | 5.967 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Tomé de Freixeiro é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Castrelos, Coia, Sárdoma e a cidade de Vigo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.967 habitantes (2.870 homes e 3.097 mulleres).
Entidades de poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o Nomenclátor de Galicia, as súas entidades de poboación son O Castaño, Cataboi, A Fonte Santa, A Pastora, Pousafoles e As Travesas.[3] Segundo o IGE, as súas entidades de poboación son as seguintes: Freixeiro (2.269), Mantelas (1.608), Riobó (756) e Salgueira (1.295).[2]
Porén, os sete barrios históricos da parroquia son: A Atalaia, Castreliños, Cataboi, O Couto, A Graña, A Ponte Nova e O Regueiro.[4]
Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Vigo-Fragoso.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Case na zona das Travesas está o Pazo da Pastora (tamén chamado de Santhomé) construído no século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi propiedade de Pedro Álvarez de Soutomaior. Moi próximo atópase o Museo Liste. O instituto de ensino medio San Tomé de Freixeiro está á beira do Instituto Santa Irene e moi próximo á Piscina Municipal do Carme.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Freixeiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Freixeiro no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
O Castaño | Cataboi | A Fonte Santa | A Pastora | Pousafoles | As Travesas |
Parroquias de Vigo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ 2,0 2,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-10-05.
- ↑ Sestay Martínez, Iván (2015). Freixeiro e Sárdoma. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sestay Martínez, Iván (2015). Toponimia do Val de Fragoso (PDF). 4: Freixeiro e Sárdoma. Universidade de Vigo; Concello de Vigo. ISBN 978-84-8158-701-2.